2.2.2 Enviamos un correo electrónico
Hoxe en día, coa proliferación das novas tecnoloxías, o envío de postais ou cartas mediante o servizo de correos para comunicarnos con persoas que están afastadas de nós está sendo substituído co envío de correos electrónicos. A razón? O correo electrónico é unha forma máis eficiente de comunicación, tanto pola súa rapidez como pola súa fiabilidade. Para comprobarmos isto e para que se familiarice co envío de correos electrónicos debe facer a seguinte actividade.
Actividades propostas
Actividades propostas
S5. En internet acuda ao buscador Google e nel escriba o seguinte: "Gmail". A continuación prema co rato sobre a opción "Buscar con Google" e faga clic no primeiro dos resultados que lle acaba de aparecer na pantalla: "Gmail: correo electrónico de Google". Agora, e na pantalla de Gmail que ten diante, faga o seguinte:
-
Faga clic co rato na opción "Apúntate a Gmail".
-
Cubra o formulario que lle aparece cos seus datos persoais e demais información que lle piden. Non se preocupe, é totalmente seguro.
-
Lembre tanto o número de usuario coma o contrasinal que introduciu.
-
Logo de cubertos todos os datos, faga clic na opción "Acepto. Crear mi cuenta".
-
Na seguinte pantalla faga clic na opción "Estoy listo, llévame a mi cuenta".
-
Familiarícese coas opcións que aparecen na pantalla que ten diante.
-
Na columna esquerda prema na opción "Redactar".
-
Na sección "Para" debe escribir un enderezo de correo electrónico doutra persoa á que vai dirixir o correo.
-
Na sección "Asunto" poña o título que resume o contido do correo electrónico que lle vai mandar á persoa que elixiu.
-
Fíxese como entre a sección "Asunto" e o recadro en branco que hai debaixo dela temos unha opción que pon "Adjuntar un archivo". Con esta opción pode engadir ao correo que vai escribir unha fotografía, un documento feito cun procesador de textos e calquera outro arquivo ou arquivos que vostede queira que se xunten a ese correo e que serán tamén recibidos polo destinatario.
-
Agora, faga clic co rato sobre o cadrado en branco que aparece debaixo da sección "Asunto" e comece a escribir o contido do correo electrónico. Fíxese en que o funcionamento é moi semellante ao dun procesador de textos.
-
E para finalizar, prema na opción "Enviar" que aparece debaixo do recadro onde escribiu o correo. Ao momento, esa persoa recibirá o seu correo electrónico.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License