2.2.3 O rato do monte e o da casa
-
Saíu unha vez un rato da casa nun día de inverno e encontrou un rato de monte, cheo de frío e moi fraco.
–E ti, como estás así tan fraco? –díxolle o da casa–. Vente comigo, que alí onde eu estou hai sempre que comer, sen necesidade de pasar frío nin de mollarse para buscar que comer.
–E o gato? –preguntou o do monte.
–Boh!-respondeulle o da casa-. Hai alí un, pero é coma se nada. Sempre está durmido. Ti ven, e verás como paso por diante del e nin sequera me ve.
Foron os dous para casa e viron o gato durmido diante da porta. Pasou o rato por diante del todo confiado pero o gato abriu un pouco os ollos, deu un brinco e o rato quedou entre as uñas e os dentes do gato.
O rato do monte, que tal viu, deu media volta e dixo:
–Vale máis no monte fraco que gordo no cu do gato!
Harguindey, Henrique e Barrio, Maruxa, Antoloxía do conto popular galego, Galaxia, Vigo, 2006
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License