2.3.1 Normas ortográficas: a acentuación (aspectos teóricos)

Lembre que a ortografía é a parte da gramática que se ocupa da escritura correcta das palabras e do uso dos outros signos gráficos da lingua. Neste caso ímonos centrar nas regras de acentuación.

O acento das palabras. A sílaba tónica

Acento é a maior intensidade coa que se pronuncia unha sílaba dentro de cada palabra. A esa sílaba que se pronuncia con máis intensidade chámaselle sílaba tónica, e ás demais sílabas átonas. Vexamos as clases de palabras segundo a posición da sílaba tónica (regras xerais):

  • Agudas: cando a sílaba tónica é a última. Levan acento gráfico cando son polisílabas (máis dunha sílaba) e rematan en vogal, en vogal + n ou en vogal + s. Exemplos: motor, pa, cartón, alguén, irmáns...

Non levan acento gráfico cando son monosílabas: xa, la, fe, di, si, cu, Xan, len, ... Tampouco cando acaban en ditongo decrecente (seguido ou non de n ou s): amei, amou, seguiu, colleu, ademais, capitais, papeis, españois, etc., nin noutra consoante que non sexa –n ou –s: capital, papel, cantar, nariz, arroz, etc.

  • Graves: cando a sílaba tónica é a penúltima. Levan acento gráfico cando rematan en consoante distinta de –n ou –s e en grupos consonánticos distintos de –ns. Exemplos: dúctil, lapis, paxaro, cil... Tamén se acentúan as palabras graves con ditongo decrecente na última sílaba: amábeis.

En consecuencia, non se acentúan graficamente as palabras graves rematadas en vogal (canta, cantara), vogal + n (cantan, cantaran), vogal + s (cantas, cantaras, lapis) ou vogal + ns (canons, colons, dolmens).

  • Esdrúxulas: cando a sílaba tónica é a antepenúltima. Levan sempre acento gráfico. Exemplos: cárcere, árbore, dico...

  • Sobreesdrúxulas: se a sílaba tónica vai antes da antepenúltima. Levan sempre acento gráfico. Exemplos: Manmosvolo, xonolo...

Acentuación de i, u en hiato

Con independencia do dito anteriormente, as vogais i, u tónicas levan acento gráfico cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo. Exemplos: acentúo, aínda, baúl, caída, egoísmo, etc. Para indicar que non forman ditongo coa anterior, as vogais i, u tónicas non se acentúan graficamente cando entre estas e a átona aparece o grafema h: prohibo.

Lembre que ditongo é a agrupación de dúas vogais na mesma sílaba: paciencia, loureiro, puido. Hiato é o encontro de dúas vogais que pertencen a distintas sílabas: ce-o, sa-í-da.

Acentuación dos estranxeirismos

As palabras estranxeiras de uso máis común, aínda que non estean plenamente adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación enunciadas anteriormente. Exemplos: agudas: iglú, popurrí, iceberg, relax, etc.; graves: béisbol, ídem, karaoke, médium, etc.; esdrúxulas: bádminton, déficit, hándicap, etc.

Neste tipo de palabras pódese prescindir do acento gráfico correspondente e manter integramente a grafía propia da lingua de que proceden cando exista conciencia clara de que son estranxeirismos.

Actividades propostas

S8.  Agrupe as seguintes palabras segundo a posición da sílaba tónica en agudas, graves, esdrúxulas e sobreesdrúxulas e póñalles o acento gráfico a aquelas que o deban levar.

 

Maza. ademais     paxaro  
biceps  capital    dubida  
lapis  aquí    beirarrua  
magoa    reptil    doutor  
mobil    xuridico    miudo  
 fonte    fixonolo    dificil  
        fincape  

Actividade proposta

S9. No seguinte texto acentúe correctamente todas as palabras que o precisen para que se poida ler e entender adecuadamente.

Para Elsa, Sagrario simbolizaba todos os segredos que selaban as bocas dos avos, mais ainda cando o seu andar era silandeiro, non so polo avance do seu corpo feble e o seu paso moderado, debuxando un reptar de gueixa, senon porque camiñaba descalza. Aqueles pes espidos eran o testemuño da pobreza mais absoluta a ollos dunha nena que non entendia como coa guerra rematada habia tantos anos, a irma da sua avoa vivia illlada do resto da familia, a marxe das suas vidas. Ante o seu ataude aumentaron as dubidas. Elsa por vez primeira recibiu unha imaxe que a abraiou: os pes de Sagrario estaban descalzos cuns bonitos zapatos de tacon cun lazo de veludo verde sobre a empeña, limpos cun lustre ferinte. Elsa preguntouse para que necesitaba unha morta uns zapatos, se mentres estivera viva sempre camiñara descalza. Os seus ollos interrogaron os presentes, dende os avos ata os pais, pasando pola tia Florinda, pero atopou neles unha disposicion fuxidia.

 

 

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License