A lingua e as súas variedades
2.1.2 Elementos paraverbais e non verbais (aspectos teóricos)
Nunha intervención oral planificada (un discurso, unha charla, unha conferencia…) o relator vai utilizar, ademais da linguaxe verbal (a que comunica mediante palabras orais ou escritas), uns elementos paraverbais e non verbais.
Elementos paraverbais
- Volume: se o relator fala alto, baixo…
- Velocidade: se o relator fala rápido, amodo…
- Pausas: as pausas que fai o relator axúdannos a comprender o discurso ou, polo contrario, dificultan a súa comprensión? Fai máis pausas das necesarias? Debería facer máis pausas?...
- Entoación: cando afirmamos utilizamos un tipo de entoación, se exclamamos ou interrogamos temos outra distinta, se estamos alporizados tamén varía, etc.
Elementos non verbais
- Acenos: sinalar co dedo, as mans en movemento polos nervios…
- Movementos: o relator durante a conferencia móvese ao longo do escenario? Está quedo? Aínda que estea quedo, move aos poucos unha das pernas?…
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License