5. Exercicios de autoavaliación
1. Que elementos paraverbais se utilizan nunha intervención oral?
O volume de voz, a velocidade, as pausas e a entoación.
O volume de voz e a velocidade.
A velocidade e as pausas.
Os que nós queiramos.
2. Que elementos non verbais se utilizan nunha intervención oral?
Os xestos.
Xestos e movementos.
Non se utiliza ningún elemento.
Depende da situación.
3. Sinale cal das seguintes afirmacións é a correcta.
A lingua oral está fortemente apoiada na entoación e nos xestos dos falantes, o mesmo que a lingua escrita.
Na lingua oral a canle de comunicación é auditiva e na lingua escrita a canle é táctil.
A lingua oral está fortemente apoiada na entoación e nos xestos dos falantes. A lingua escrita substitúe estes recursos polos signos de puntuación.
Nas dúas linguas, oral e escrita, emisor e receptor interactúan.
4. Que dúas grandes modalidades ten a linguaxe verbal?
A paraverbal e a non verbal.
A escrita e a falada.
A oral e a ortográfica.
Lingua oral e lingua escrita.
5. Que rexistros ou niveis de lingua hai?
Hai unha cantidade considerable de rexistros.
Rexistro culto, coloquial e vulgar.
Dous, sendo un deles máis habitual có outro.
Rexistro culto e vulgar.
6. No rexistro coloquial ou familiar adoitamos atopar
Frecuentes incorreccións nas construcións das frases ou na pronuncia das palabras.
Expresións coidadas e un vocabulario amplo, variado e específico.
Expresividade oracional, frecuentes repeticións, frases feitas, palabras comodín, diminutivos afectivos, interxeccións, titubeos, etc.
Oracións longas que requiren unha sintaxe moi elaborada.
7. Cando levan acento gráfico as palabras agudas na lingua galega?
Cando son polisílabas e rematan en consoante distinta de –n ou –s.
Cando rematan en vogal, ou en consoantes –n ou –s.
Sempre levan acento gráfico.
Cando son polisílabas e rematan en vogal, en vogal + n ou en vogal + s.
8. Que é un ditongo?
É o conxunto de dúas vogais pechadas que se pronuncian nunha mesma sílaba.
É o conxunto de dúas vogais pechadas ou dunha vogal aberta e unha pechada ou viceversa, que se pronuncian nunha mesma sílaba.
É a secuencia de dúas vogais que non se pronuncian dentro da mesma sílaba, senón que forman parte de sílabas consecutivas.
É a secuencia de dúas vogais abertas que pertencen a sílabas distintas.
9. Sinale a serie na que todas as palabras que o precisen estean acentuadas correctamente.
Ademáis, dúas, cantóu, sílaba.
Ademáis, árbore, saída, capital.
Ademais, árbore, fun, dúas.
Ademais, paxaro, saída, suas.
10. Indique que serie de palabras femininas da lingua galega é a correcta.
Anciana, capitana, leoa, burguesa.
Anciá, capitá, cambadesa, emperadora.
Anciá, capitá, cambadesa, emperatriz.
Anciana, mestra, leoa, emperadora.
11. Indique que serie de palabras é a correcta en canto ao xénero.
A cárcere, o sangue, a paisaxe, a labor.
O cárcere, o sangue, a paisaxe, o labor.
A leite, o mel, a nariz, o dor.
O leite, a mel, o nariz, a dor.
12. Sinale que serie de palabras en plural é correcta.
Ollomois, deuses, mans, civís.
Ollomoles, deuses, mans, civiles.
Lambóns, os lapis, ollomoles, civís.
Leoas, irmáns, lapis, leies.
13. Onde está recollida a cooficialidade do galego e do castelán?
En ningures.
Na Carta Europea das Linguas.
No artigo 5 do Estatuto de Autonomía.
No artigo 3 da Constitución e no Artigo 5 do Estatuto de Autonomía.
14. Segundo o artigo 1 do Estatuto de Autonomía, cal é a lingua propia de Galicia?
O galego.
O inglés.
O castelán e o inglés.
O galego e o castelán.
15. De onde procede a maior parte do léxico galego actual?
De palabras de orixe prerromana, latina, xermana e árabe.
De palabras de orixe prerromana e xermana.
De palabras de orixe árabe e xermana.
De palabras de orixe grega.
16. En que grupos se dividen as palabras de orixe latina que hai no galego?
Palabras patrimoniais e cultas.
En dous. Un de palabras máis antigas e outro de palabras máis novas.
Non se dividen en ningún grupo.
Palabras patrimoniais, cultas e semicultas.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License