Mostraxe dunar. Laboratorio de mostraxe dunar

Visto: 220 veces
Votos
Aínda sen votos

14/11/2022

Ilustrativo. Laboratorio de msotraxe dunar.

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Actividade interactiva que permite ao alumnado realizar un estudo dun espazo natural protexido: o sistema dunar e de lagoa mariña de Barra (Ponteceso) da ría de Corme e Laxe. O contido permite comprender o proceso de mostraxe e culmina coa investigación autónoma do alumnado nun simulador virtual onde replicará a mostraxe que se faría na realidade: identificar especies con claves dicotómicas, calcular a súa porcentaxe de cobertura e recoller os factores físico-químicos do solo para coñecer a súa relación.

Tipo de recursos: 

  • Actividades interactivas.
  • Simulador de mostraxe (Laboratorio virtual).

Outras características: 

  • Experiencia inmersiva: incorpora imaxes 360º dos puntos de mostraxe e imaxes reais das especies.
  • Gran diversidade de hábitats propios de ecosistemas terrestres e acuáticos (praias de area e de coídos, sistemas dunares, matogueiras, marismas, cantís, chairas lamacentas ...).
  • Claves dicotómicas dispoñibles en formato descargable (PDF).

Contidos relacionados: 

Mostraxe dunar. Laboratorio de mostraxe dunar

Visto: 0 veces
Votos
Aínda sen votos
2022-11-14
Imaxe

Ficheiros relacionados
Recursos relacionados
Categoría personalizada
Dirixido a alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (1º, 3º e 4º ESO) para adquirir e afondar nos conceptos científicos. Pódese empregar en Educación Primaria (5º e 6º) para a introdución de ditos conceptos.
Galego