Mostraxe dunar. Exploración libre 360º en ecosistema dunar
![Ilustrativo. Exploración libre 360º en ecosistema dunar.](/sites/default/files/styles/large/public/imaxes/recursos/BIOXEO-Exploracion.jpg?itok=LAULvBLt)
Materia: Bioloxía e Xeoloxía
Descrición: Actividade interactiva que permite ao alumnado explorar o sistema dunar e de lagoa mariña de Barra (Ponteceso) movéndose polo espazo, para descubrir como é o seu ecosistema e coñecer as especies que o habitan a través de imaxes 360º e textos explicativos.
Pódese empregar a tableta, o ordenador, o teléfono móbil e incluso lentes 3D para desprazarse polos 17 escenarios diferentes e singulares que conforman esta paisaxe, parecendo que se está alí mesmo.
Tipo de recursos:
- Visita virtual interactiva.
Aclaracións:
- As fotografías, os vídeos e a información proceden de observacións reais feitas por especialistas.
Outras características:
- Experiencia inmersiva: incorpora imaxes 360º de 17 escenarios, vídeos 360º con desplazamento polas zonas e imaxes reais das especies.
- Gran diversidade de hábitats propios de ecosistemas terrestres e acuáticos (praias de area e de coídos, sistemas dunares, matogueiras, marismas, cantís, chairas lamacentas ...).
Contidos relacionados: