Mostraxe dunar. Exploración libre 360º en ecosistema dunar

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Actividade interactiva que permite ao alumnado explorar o sistema dunar e de lagoa mariña de Barra (Ponteceso) movéndose polo espazo, para descubrir como é o seu ecosistema e coñecer as especies que o habitan a través de imaxes 360º e textos explicativos.
Pódese empregar a tableta, o ordenador, o teléfono móbil e incluso lentes 3D para desprazarse polos 17 escenarios diferentes e singulares que conforman esta paisaxe, parecendo que se está alí mesmo.

Tipo de recursos: 

Mostraxe dunar. Laboratorio de mostraxe dunar

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Actividade interactiva que permite ao alumnado realizar un estudo dun espazo natural protexido: o sistema dunar e de lagoa mariña de Barra (Ponteceso) da ría de Corme e Laxe. O contido permite comprender o proceso de mostraxe e culmina coa investigación autónoma do alumnado nun simulador virtual onde replicará a mostraxe que se faría na realidade: identificar especies con claves dicotómicas, calcular a súa porcentaxe de cobertura e recoller os factores físico-químicos do solo para coñecer a súa relación.