Ciencia Cidadá. Guía Confort na aula (gal)
Materia: Bioloxía e Xeoloxía
Descrición: Guía didáctica do proxecto Confort na aula na que o profesorado atopará as ferramentas necesarias para desenvolver co seu alumnado un proxecto de investigación sobre a importancia do confort higrotérmico e o control dos niveis de CO2 da súa aula, empregando tecnoloxía presente nos centros educativos e coa posibilidade de participar nunha análise colectiva do estado das nosas aulas seguindo os principios da Ciencia Cidadá.
Tipo de recursos:
- Guía interactiva.
Número de sesións estimadas: Segundo elección docente, dependendo do tipo de proxecto e do grao de participación nel:
- Introdución: 1 sesión.
- Recollida de datos: mínimo unha semana.
- Conclusións: 1 ou 2 sesións.
Aclaracións:
- A Ciencia Cidadá achega investigacións científicas nas que calquera persoa pode participar de forma voluntaria xunto á comunidade científica profesional.
- Gozar de confort nas aulas favorece o rendemento escolar, fomenta a motivación, mellora a concentración, reduce o estrés e prevé problemas físicos como dores de cabeza.
- Esta versión da guía está en galego, está dispoñible outro recurso coa versión en castelán.
Contidos relacionados: