Misterio no mosteiro: a Alta Idade Media na Península Ibérica
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida permitirá ao alumnado aprender a interpretar unha liña do tempo, a comprender como se estruturaban as sociedades da Idade Media -dende a conquista do reino suevo polo pobo visigodo ata os principais fitos da Alta Idade Media na Península, con especial atención ao reino de Galicia-, o papel da muller nestas sociedades e a pegada cultural e artística que tiveron no seu momento.
No reto proposto, o alumnado empregará os coñecementos adquiridos para completar un códice inacabado que contén unha crónica dos principais eventos estudados.