Unha luminosa Idade Media
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe está contextualizada na parte histórica dedicada á Idade Media e o feudalismo en Europa, así como as manifestacións artísticas dos estilos románico, gótico e hispano-musulmán.
O recurso propón ao alumnado o reto de investigar e divulgar o patrimonio histórico-artístico máis próximo, centrándose, se é posible, nos monumentos medievais da contorna.