A crise da Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer... tórcese
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
O REA ofrece ao alumnado, a través de diferentes fontes, información sobre a Idade Media. Poderá coñecer como se manifestou a crise do século XIV e cales foron os seus impactos sobre a poboación europea (tanto a nivel demográfico como a nivel político, social e cultural); como os cambios producidos contribuíron a sentar as bases da Idade Moderna e como afectaron estes procesos a Galicia.
Para que os alumnos e alumnas poidan consolidar o aprendido e tomar un primeiro contacto coa investigación histórica, a situación de aprendizaxe propón resolver un reto mediante o cal, e tras estudar diferentes fontes que se lle proporcionarán, se converterán en xornalistas que competirán por redactar o mellor artigo na súa revista escolar.