Tengo una idea...

Visto: 0 veces
2025-08-01

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 5º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe articúlase sobre o deseño de propostas de mellora da contorna escolar. Partindo da análise dos espazos do centro educativo, o alumnado traballa o sistema de coordenadas cartesianas, a representación espacial e o uso da escala para elaborar planos e maquetas. Trabállase a localización de puntos no plano, as transformacións xeométricas, a visualización 2D e 3D.

Turismo devagar

Visto: 0 veces
2025-07-30

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe contextualízase na situación da cidade de Santiago de Compostela e os problemas do turismo masivo. Propón ao alumnado recoller iniciativas para solucionar os problemas derivados do turismo de masas.

Quen é quen?

Visto: 0 veces
2025-07-30

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria.

Este REA céntrase na adquisición dos contidos relacionados coa expresión de vivencias persoais: as experiencias persoais nos textos escritos (diarios, biografías, descricións de persoas); o verbo, a raíz e desinencias; uso de "b" e "v".

Un concello para nós

Visto: 0 veces
2025-07-30

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria.

Partimos dunha situación de aprendizaxe na que o alumnado deberá resolver un reto que consiste na creación dun concello imaxinario para, a partir de aí, analizar o lugar onde vive e facer propostas á administración par melloralo. A tarefa está proposta en varias fases a través das que se traballan diversos contidos: os textos informativos, argumentativos e de opinión, o verbo, o debate e os xentilicios.