Exploramos os ecosistemas: misión natureza

Visto: 0 veces
2025-08-25

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe créase arredor dunha invitación para participar na Feira da Ciencia do centro educativo. O alumnado actuará como investigadoras e investigadores dos compoñentes fundamentais dos ecosistemas (factores bióticos e abióticos), a diversidade de formas de vida, as relacións tróficas e a importancia da biodiversidade para o equilibrio natural.

Enredando por el mercado

Visto: 0 veces
2025-08-01

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 5º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe contextualízase coa organización dunha festa e a compra no mercado. Propón actividades prácticas como repartir alimentos (rosquillas, empanadas), dividir espazos ou calcular porcións, permitindo comprender a relación entre numerador e denominador, identificar fraccións equivalentes e realizar cálculos básicos.

Un viaje matemático por el reino animal

Visto: 0 veces
2025-08-01

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 5º de Educación Primaria.

Esta situación de aprendizaxe toma como fío condutor a curiosidade do alumnado polo reino animal. As alumnas e os alumnos exploran as magnitudes fundamentais: lonxitude, masa, capacidade, superficie, tempo, ángulos e temperatura. Existen propostas de actividades de medición, estimación e conversión entre unidades do sistema métrico decimal, aplicadas á investigación de características de diferentes especies animais.