A Historia é ciencia
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Ciencias Sociais de 5º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe propón ao alumnado que asuma un papel de investigador da historia de Galicia durante a Idade Media e a Idade Moderna e actúe tamén como divulgador científico. Na fase de investigación, analizan fontes históricas, valoran a súa fiabilidade e descobren figuras relevantes, especialmente mulleres que destacaron neses períodos. A situación conecta co coñecemento previo das características actuais de Galicia, permitindo establecer relacións entre o pasado histórico e o presente. Trabállase a perspectiva de xénero de forma transversal, visibilizando o papel das mulleres na construción da historia.
O reto consiste en planificar e organizar un congreso científico-histórico, no que as alumnas e os alumnos asumirán o rol de persoas divulgadoras co fin de transmitir como era a vida na Idade Media e Moderna, incluíndo a perspectiva de xéreno, elaborando un produto final contextualizado.