A natureza en xogo

Visto: 742 veces
Votos
Media: 4.8 (9 votos)

25/08/2025

Portada do REA1 para a área de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria.

A través desta situación de aprendizaxe, o alumnado colaborará coa biblioteca do centro para crear recursos lúdicos.  Os contidos que se traballan están relacionados cos seres vivos: estrutura celular, funcións vitais, clasificación nos cinco reinos e biodiversidade. Paralelamente, o alumnado explora a tipoloxía e mecánicas dos xogos de mesa para deseñar as súas propias propostas.

O reto consiste en deseñar, construír e presentar un xogo de mesa educativo sobre a temática dos seres vivos. Cada equipo debe crear un produto lúdico que inclúa: taboleiro, fichas, tarxetas con preguntas ou probas, e manual de uso. O xogo debe demostrar o coñecemento adquirido sobre os contidos traballados na situación de aprendizaxe.

Guía didáctica

A natureza en xogo

Visto: 0 veces
Votos
Media: 4.8 (9 votos)
2025-08-25
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego