Un robot no Universo
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Ciencias Sociais de 5º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe propón ao alumnado unha viaxe de exploración do Universo, familiarizándose cos distintos corpos celestes e aprendendo a distinguilos segundo as súas características. Trabállanse conceptos xeográficos fundamentais como lonxitude, latitude e coordenadas para localizar puntos na superficie terrestre, así como o funcionamento dos fusos horarios. A situación integra tamén o coñecemento da vida dos astronautas nas estacións espaciais e as profesións STEAM, fomentando vocacións científico-tecnolóxicas. Mediante o uso de mapas, planos e ferramentas dixitais, desenvólvense competencias espaciais e de representación gráfica.
O reto consiste na creación dun museo espacial nun espazo do colexio. Inclúe un planetario, unha presentación sobre o planeta elixido e a preparación da exposición, elaborando un produto final contextualizado. O museo debe ser visitable pola comunidade educativa, polo que o alumnado preparará tamén guías explicativas, carteis informativos ou visitas guiadas.