¡No te lo vas a creer!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 9 -dun total de 9- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe céntrase nos medios de comunicación, a través da cal o alumnado explorará distintos tipos de noticias, medios de comunicacións e a súa evolución no tempo, repasará as categorías gramaticais engadindo as palabras invariables. Ademais, traballará coas palabras compostas e a súa ortografía.
O reto formulado consiste en redactar e gravar, en grupo, unha noticia en formato de telexornal para logo proxectar o programa completo.