Saltar navegación

Os primeiros auxilios

 

Glosario

Accidente

Pictograma que representa unha persoa esvarando   Definición:

            Suceso imprevisto ou casual que pode producirlles dano a persoas ou cousas. (RAG)

   Exemplo:

           Houbo varios feridos nun accidente de automóbil.

Emerxencia

Pictograma que representa unha sinal de emerxencia cunha cruz vermella sanitaria   Definición:

            Situación de carácter inesperado que afecta á seguranza das persoas.

   Exemplo:

           A emerxencia provocada polo accidente obrigou a finalizar o recreo.

Socorrer

Pictograma que representa unha persoa realizando curas   Definición:

            Prestar socorro a alguén (RAG).

   Exemplo:

           Socorrérono despois de sufrir unha caída.

Que son os primeiros auxilios?

Os primeiros auxilios son actuacións e técnicas que facemos cunha persoa que sufriu un accidente ou problema de saúde antes de que cheguen os servizos de emerxencia.

Son medidas urxentes que se aplican no lugar dos acontecementos para evitar que as lesións se agraven.

Que podemos facer ante un accidente ou emerxencia?

Cando nos atopamos diante dun accidente e non hai un adulto cerca, debemos actuar seguindo a conduta PAS:

P de Protexer

Protexer o lugar do accidente, tanto á persoa accidentada como protexernos a nós mesmos.

A de Avisar

Avisar si hai un adulto cerca, ou avisar aos servizos de emerxencia si non hai un adulto cerca. O teléfono de emerxencias é o 112, e coa fórmula 1+1=2 poderemos recordalo facilmente.

S de Socorrer

Debemos actuar de xeito rápido e eficaz. Para iso, debemos coñecer as técnicas de primeiros auxilios que podemos empregar en cada unha das emerxencias

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)