Poñédevos mans á obra e construíde un circuíto no voso cole para traballar a educación viaria.
O circuíto pode ter varios niveis de dificultade:
1. NIVEL ELEMENTAL: este circuíto incluiría sinais de tráfico simples, como stop, paso de peóns, vías rectas e un só tipo de vehículo. Aprenderedes os sinais básicos, así como a importancia da educación viaria na vida cotiá.
2. NIVEL INTERMEDIO: engadiredes máis elementos, como semáforos, rotondas e dous tipos de vehículos. Comezaredes a practicar a circulación en situacións máis realistas, aprendendo a tomar decisións sobre cando cruzar ou como comportarse nunha intersección.
3. NIVEL AVANZADO: este circuíto é máis complexo e inclúe situacións de tráfico máis dinámicas, como a interacción con outros condutores e peóns. Podedes simular emerxencias.
4. NIVEL EXPERTO: neste nivel, traballaredes a planificación de rutas e quendas de intervención, con xestión do tempo. Tamén se poden incluír simulacións de accidentes para recordar a importancia da prevención e a responsabilidade na condución.
MATERIAIS NECESARIOS
- Xiz
- Cinta para pegar no chan
- Cordas
- Conos, picas, ladrillos de plástico etc
- Cartolinas, tesoiras, pinturas, pegamento
- Patinetes, bicicletas ou máquina similar
- Chalecos reflectores.
ORGANIZACIÓN DE GRUPOS
- Un grupo será o encargado de deseñar o circuíto.
- O outro grupo encargarase de fabricar os sinais: stop, paso de peóns, ceda o paso, semáforos etc.
- O terceiro grupo organizará os roles (peóns, condutores, policías etc) e quendas do circuíto.
Para poñer en funcionamento o voso circuíto, podedes inspirarvos nestas imaxes dunha actividade de educación viaria realizada no CEIP de Covas (Viveiro).