Saltar navegación

5.2. Divulgación

Exposición do mural

Chegou o momento de dar a coñecer, a nosa comunidade educativa, os murais que preparastes para darlle divulgación e valorar a importancia que ten, na nosa sociedade, a práctica deportiva adaptada.

Pictograma que representa un grupo pequeno de persoas

1º- Exposición a nivel de grupo.

Pictograma que representa un grupo grande de persoas

2º- Presentación internivelar.

Pictograma que representa o exterior dun centro educativo

3º- Mostra a nivel de centro.

Pictograma que representa a unha familia

4º- Apertura da exposición ás familias da comunidade educativa e da contorna.

Pictograma que representa un ordenador unido ao planeta terra como un xeito de conectarse

5º- Difusión a través da páxina web do centro.

CONSELLOS:

  1. Expoñeredes os murais nun lugar principal do centro educativo e con fácil accesibilidade.
  2. Estableceredes os horarios de visita á exposición, tanto para os diferentes cursos, como para as familias do alumnado e habitantes da contorna.
  3. Especificaredes a maneira de anunciar os horarios da visita, en función das quendas organizadas.
  4. Determinaredes as quendas de intervención de cada grupo, para que poida explicar o contido do seu mural: lema de motivación, deportista de referencia elixido, deporte adaptado que practica etc.
  5. Organizaredes o equipo encargado de facer as fotografías e vídeos para poder facer a difusión a través da páxina web do centro educativo.

Lectura facilitada

CONSELLOS:

-Expoñeredes os murais nun lugar do centro con fácil accesibilidade.

-Estableceredes os horarios de visita para alumnado e familias.

-Especificaredes a maneira de anunciar os horarios da visita.

-Determinaredes as quendas de cada grupo para explicar o mural.

-Organizaredes o equipo encargado de facer as fotografías e vídeos para a difusión.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)