Contornas diferentes, deportistas referentes
5.5. Valoro o meu traballo
A miña participación
| Foime xenial porque... | Fixeno ben porque... | Custoume un pouco porque... | Debo mellorar porque... | |
|---|---|---|---|---|
| Na comprensión do REA | Entendín todos os pasos para conseguir o reto final e o seu propósito. (2) | Souben o que tiña que facer no reto aínda que non entendín o seu propósito. (1.5) | Necesitei axuda para entender o reto e os pasos para acadalo. (1) | Aínda que solicitei axuda, non entendín as partes do reto. (0.5) |
| No traballo individual | Realicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (2) | Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e fíxenas correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo. (1.5) | Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (1) | Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesares de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0.5) |
| Nas sesións de primeiros auxilios | Participei activamente e esforceime para solventar con éxito as situacións propostas. Axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. (2) | Participei activamente e esforceime para solventar as diferentes situacións con éxito. (1.5) | Participei nas situacións a solventar, pero non me esforcei o necesario e nalgunhas non seguín os pasos correctos. Debería implicarme máis. (1) | A pesar de participar nalgunhas situacións propostas, frustreime moito e non souben ou intentei afrontalas. Debería esforzarme moito máis. (0.5) |
| Nas sesións de educación viaria | Participei activamente e esforceime na construción do circuito. Axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. (2) | Participei activamente e esforceime na construción do circuito con éxito. (1.5) | Participei na construción do circuito, pero non me esforcei o necesario en desenvolver a parte que me correspondía. Debería implicarme máis. (1) | A pesar de participar na construción do circuíto, frustreime moito e non souben reconducir a miña actitude. Debería esforzarme moito máis. (0.5) |
| Na superación do reto | Traballei co meu equipo para superar o reto, tamén axudei a outros equipos. (2) | Colaborei na consecución do reto. (1.5) | A miña participación para superar o reto foi baixa, os meus compañeiros e compañeiras tiveron que axudarme moito. (1) | Non participei na preparación do reto, deixei que as miñas compañeiras e compañeiros fixeran todo o traballo. (0.5) |
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova ventá
Rúbrica en PDF
A continuación tes a posibilidade de descargar a rúbrica en formato PDF:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0
