Saltar navegación

Boccia

 

Glosario

Asistente

Pictograma que representa a unha persoa e a súa sombra

Definición:

Persoa que asiste ou axuda nun determinado labor. (RAG)

Exemplo:

O asistente levoulle a quenlla para xogar á boccia.

Petanca

Pictograma que representa a unha persoa lanzando durante o xogo da petanca

Definición:

Xogo que consiste en lanzar primeiro unha bóla pequena ou boliche e despois outras máis grandes que se deben aproximar o máis posible ao boliche. (RAG)

Exemplo:

Participaron nun campionato de petanca.

Quenlla

Pictograma que representa unha quenlla

Definición:

Pequena canle de madeira que empregan as persoas con pouca mobilidade para lanzar a bola na boccia.

Exemplo:

Levou a súa quenlla para xogar á boccia.

Que é?

Varias persoas participan nun partido de bocciaA boccia é un deporte paralímpico practicado por persoas en cadeira de rodas que teñen parálise cerebral, lesión cerebral ou discapacidade física severa. Trátase dun deporte semellante á petanca que se basea na precisión e na habilidade. 

Practícase nunha pista de 12,5 x 6 metros aínda que tamén pode practicarse en contornas naturais.

Os xogadores ou xogadoras colócanse nun extremo. Cada un deles comeza o xogo con 6 pelotas e o obxectivo é lanzalas o máis cerca posible doutra máis pequena de cor branca. Á vez, é importante intentar deixar máis lonxe as dos rivais. 

Na boccia pódese competir de xeito individual, por parellas ou en equipos e gaña quen deixe a bóla máis preto da branca. 

Os deportistas clasifícanse en catro categorías en función da súa discapacidade: 

  • BC1: poden lanzar coa man ou co pé. Poden competir ca axuda dun asistente. Fotografía dun xogador lanzando a bóla nun partido de boccia con axuda dunha quenlla
  • BC2: lanzan coa man sen ningún tipo de axuda.
  • BC3: son incapaces de lanzar ou agarrar a bola. Por iso, permíteselles facer uso dunha quenlla ou rampla ademais da axuda do asistente. 
  • BC4: nesta división participan xogadores ou xogadores sen parálise cerebral. Poden lanzar coa man e co pé sen axuda. 

Lectura facilitada

A boccia é un deporte paralímpico para persoas en cadeira de rodas.

É un deporte similar á petanca.

Xógase nunha pista de 12,5 x 6 metros.

Cada xogador lanza 6 pelotas dunha mesma cor co obxectivo de deixalas o máis cerca da bola branca.

Existen varias modalidades: individual, por parellas ou en equipos.

Os deportistas clasifícanse en catro categorías en función da súa discapacidade: 

BC1: lanzan coa man ou co pé. Compiten con axuda dun asistente. 

BC2: lanzan coa man sen axuda.

BC3: fan uso dunha quenlla ou rampla.

BC4: participantes sen parálise cerebral que lanzan coa man e co pé sen axuda. 

A boccia nas clases de Educación Física

Os materiais de refugallo ofrecen múltiples posibilidades. Para xogar á boccia nas clases de Educación Física pódense crear estruturas autoconstruídas con materiais como os da imaxe:

Imaxe na que se poden ver alumnado xogando á boccia cunha quenlla construída con material de refugallo cunha pica pegada a un cartón

Para saber máis...

Explicación 



Partido 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)