Saltar navegación

1.1. Contexto

 

Glosario

Ciclismo

Pictograma que representa a dous nenos en bicicleta

Definición:

Deporte que se practica en bicicleta.

Exemplo:

Apunteime a un club de ciclismo.

Deporte adaptado

Pictograma que representa o deporte adaptado

Definición:

Actividade física que modifica o seu regulamento para facer posible a práctica deportiva a persoas que teñen algún tipo de discapacidade.

Exemplo:

A petanca é un deporte adaptado.

Coñece a Álex

A Álex encántalle o deporte. Actualmente adestra tres ou catro días á semana, o que lle permite prepararse para asistir a campionatos de España que se celebran en Galicia e fóra de Galicia.

Que deporte credes que practica Álex?

Lectura facilitada

Álex acompañaranos na resolución do reto.

A Álex encántalle o deporte.

Álex adestra tres ou catro días á semana para asistir a diferentes campionatos.

Que deporte crees que practica Álex?

A práctica deportiva de Álex

Álex e o deporte

Como puideches observar, o deporte que practica Álex é o ciclismo, pero neste caso, o ciclismo adaptado.

Álex emprega unha cadeira de rodas no seu día a día, pois fai anos tivo un accidente de tráfico que lle provocou unha lesión medular. Por iso, destácanos a importancia de coñecer as normas de educación viaria para intentar, na medida do posible, evitar os accidentes.

Lectura facilitada

Álex practica ciclismo adaptado.

Álex emprega unha cadeira de rodas

porque tivo unha lesión medular

nun accidente de tráfico.

Para evitar accidentes

é importante coñecer as normas de educación viaria.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)