Glosario
Contorna
-
Definición:
-
Zona ou territorio arredor dun lugar ou dunha persoa.
-
Exemplo:
-
Na contorna onde vivo hai unha farmacia, un colexio e un parque para xogar.
Impacto ambiental
-
Definición:
-
Alteración que causa o ser humano sobre o medio ambiente.
-
Exemplo:
-
A contaminación provoca un gran impacto ambiental.
Lixo
-
Definición:
-
Cousas que non serven e se tiran. Residuos, refugallo...
-
Exemplo:
-
Dá pena ver a praia con tanto lixo.
Prevención
-
Definición:
-
Acción e efecto de anticiparse a algo que vai ou pode suceder.
-
Exemplo:
-
A prevención das infeccións é moi importante para a saúde.
Repelente
-
Definición:
-
Substancia que botamos para evitar que nos piquen os insectos.
-
Exemplo:
-
Se viaxas a un país tropical leva un bo repelente de mosquitos.
Urticante
-
Definición:
-
Que produce unha sensación en forma de proído semellante ao que resulta do contacto coas ortigas.
-
Exemplo:
-
As medusas posúen nos seus filamentos unhas células urticantes
O manexo de obxectos, espazos moi limitados, movementos a gran velocidade... son algunhas das características que ocorren nas clases de Educación Física, verdade? Á vez, tamén son a causa de moitos problemas que xorden nelas.