Elaboración dun panel de coñecementos previos
Prepararedes un panel no que deixaredes expostas as ideas iniciais que tedes sobre os tres bloques temáticos: deportes paralímpicos, primeiros auxilios e educación viaria.
A finalidade é realizar unha comparación entre o que sabedes agora e o que aprendestes neste proxecto.
3,2,1… Activación neuronal!
DEPORTES PARALÍMPICOS

- Coñecedes algún deporte adaptado?
- Sabedes o que son as paralimpíadas?
- Poderiades citar algún nome dun deportista paralímpico? E dunha deportista paralímpica?

- Sabedes como se chama este deporte?
- En que consistirá?

- Coñecedes o nome deste deporte?
- Cal pensades que é o seu obxectivo?
PRIMEIROS AUXILIOS

- En caso de atoparvos cunha persoa ferida, tanto no colexio, como na túa contorna, que fariades?

- Xogando no patio o voso mellor amigo choca accidentalmente cunha nena doutra clase chamada Uxía. A Uxía comeza a poñérselle un negrón na zona do brazo…Que debedes facer?

- Un día, na hora de lecer, saídes ao patio e vedes a un neno que se atopa tirado no chan e que non pode moverse… Que fariades nesta situación?
SEGURIDADE VIARIA

- Cando ides no coche, empregades un elevador ou cadeira axeitada a vosa idade e levades o cinto correctamente abrochado?

- Cruzades sempre a beirarrúa cando o semáforo o indica?
Lectura facilitada
Faredes unha reflexión grupal sobre os vosos coñecementos previos relacionados con:
- Deportes paralímpicos
- Primeiros auxilios