Saltar navegación

Goalball

 

Glosario

Anteface

Pictograma que representa un anteface

Definición:

Obxecto con que se tapa a cara ou parte dela para non ser recoñecido, en particular aquel que cobre a zona que está arredor dos ollos.

Exemplo:

Puxemos o anteface para xogar ao goalball.

Que é?

Fotografía na que aparece un equipo de goalball parando un gol do equipo contrario durante un partidoO goalball é un deporte paralímpico creado unicamente para persoas cegas ou con discapacidade visual.

Neste deporte enfróntanse dous equipos de tres persoas nunha pista interior. Cada un sitúase nun extremo xunto a unha portería de 9 metros. 

O obxectivo do goalball é introducir unha pelota, que leva un cascabel no seu interior, na portería rival. Todos os integrantes do equipo poden lanzar e intentar que a pelota non entre na portería. 

Ademais, para garantir a igualdade, os xogadores ou xogadoras deben levar un anteface que lles cubra por completo os ollos. 

Trátase dun deporte que require dunha gran capacidade espacial para saber onde estar situado para interceptar ou lanzar a pelota. Por iso, a pista utilizada para goalball é un rectángulo de 18 metros de longo por 9 de ancho dividido en seis áreas. As liñas do campo son táctiles para que os xogadores e xogadoras poidan orientarse con facilidade. Polas súas características esta pista debe ser interior e o lugar debe estar en absoluto silencio durante todo o partido para permitir que ambos os equipos poidan escoltar o balón sonoro. Só se pode aplaudir cando se marca gol. 

Fotografía dun partido de goalball no que se ve a pista de xogo completa

Lectura facilitada

O goalball é un deporte paralímpico

creado para persoas cegas ou con discapacidade visual.

No goalball enfróntanse dous equipos de 3 persoas.

Cada equipo está nunha portería de 9 metros.

O obxectivo é introducir unha pelota con cascabel na portería rival.

Os participantes levan anteface nos ollos.

A pista de xogo é un rectángulo de 18 metros por 9 metros.

Existen liñas táctiles no chan para poder orientarse.

O xogo debe ser en silencio para escoitar o balón sonoro.

Só se aplaude cando se marca gol.

Para saber máis

Explicación 

Partido 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)