Glosario
Comprimir
Definición:
Facer que unha materia ocupe menos volume aplicándolle unha presión. (RAG)
Exemplo:
Comprimimos a ferida para que parase de sangrar.
DEA

Definición:
Desfibrilador Externo Automático: dispositivo que pode axudar a restablecer o ritmo cardíaco.
Exemplo:
Despois de comprobar que non respiraba, fomos buscar un DEA.
Ferida

Definición:
Lesión nos tecidos producida por un golpe, unha arma etc., normalmente acompañada de sangue.
Exemplo:
Tropezou e fíxose unha ferida no xeonllo.
Hemorraxia
.png)
Definición:
Perda de sangue, en calquera parte do corpo, sobre todo se é abundante. (RAG)
Exemplo:
Puxéronlle un anaco de papel no nariz para deter a hemorraxia nasal.
Atragoar

Definición:
Sufrir unha obstrución na gorxa, en particular con algo que se come (RAG).
Exemplo:
Come amodo, que te vas atragoar.
RCP (Reanimación CardioPulmonar)

Definición:
Conxunto de manobras que se empregan cando unha persoa non respira ou non ten pulso.
Exemplo:
Como non respiraba, iniciamos as manobras de RCP.
Desmaio
.png)
Definición:
Perda do sentido ou da consciencia.
Exemplo:
Fixo moita calor e sufriu un desmaio.
Golpe
Hemorraxia nasal
Perda de coñecemento