Saltar navegación

5.3. Retroalimentación dos visitantes

Enquisa para os visitantes

Prepararedes unha breve enquisa que cubrirán os visitantes á vosa exposición. Serviravos para recompilar as súas valoracións sobre o voso traballo e introducir as modificacións precisas. A continuación tedes un modelo que podedes utilizar ou modificar.

Valoración dos resultados

Agora ides revisar as enquisas de valoración que cubriron os visitantes á vosa exposición.

Ides realizar un debate, no voso grupo, coa finalidade de analizar os resultados das enquisas e realizar propostas de mellora. Trataredes os seguintes puntos:

  • Cal foi a valoración xeral sobre a visita á exposición?
  • Esta iniciativa que desenvolvestes contribúe a visibilizar os deportes adaptados?
  • A participación dos integrantes do grupo foi igualitaria?
  • A exposición que preparastes foi amena?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)