Completa o teu diario de aprendizaxe

Non podía rematar esta aventura sen facer a vosa reflexión final. Tócache cubrir a Fase 5 do voso diario de aprendizaxe.
Realizarás unha valoración global do camiño reflexionando sobre os murais propostos por cada grupo, levarás a cabo unha autoreflexión grupal coas achegas dos demais grupos, analizarás a valoración dos visitantes á exposición...
Ademais, realizarás unha comparación entre os coñecementos do panel inicial e como foron cambiando despois de rematar o reto.