Saltar navegación

4.2. Deportistas referentes

Características dun bo mural

Unha vez que xa decidistes o/a deportista que ides dar a coñecer toca poñerse mans á obra... É hora de elaborar o mural! 

Nel tedes que incluír todos os datos que recompilastes na vosa investigación.

Para que o voso mural teña éxito e todo o mundo se fixe nel teredes que ter en conta unha serie de aspectos: 

Formato do mural

Escoller o formato no que se vai a levar a cabo o mural tamén é unha decisión moi importante. 

Algunhas das opcións poderían ser: 

Dixital

Existen plataformas ou programas como LibreOffice Impress ou Draw que permiten realizar deseños de carteis ou murais de xeito dixital. Contan con imaxes, deseños de texto ou modelos propios. 

O formato dixital permite imprimir un mesmo modelo tantas veces como se queira. 

Imaxe na que se pode ver un exemplo dun cartel en formato dixital

Cartolina ou papel

Realizar o mural en materiais como cartolina ou papel permite darlle un toque persoal ao traballo. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)