Saltar navegación

Experimenta!

Actividades: O acrílico e a acuarela

Agora que coñecedes un pouco máis sobre as técnicas húmidas é o momento de experimentar con elas! Seredes capaces de entender os conceptos vistos anteriormente cando teñades o pincel na man e comecedes a probar.

Tedes varios obxectivos que cumprir, estade atento e atentas!

  • Experimentar coa transparencia e a opacidade.
  • Dominar as gradiacións de cor e mesturar cores.
  • Traballar a composición e a representación visual da profundidade (volume)
  • Explorar as técnicas de “mollado sobre mollado” e “mollado sobre seco” para crear diferentes efectos visuais.

Mans á obra! Sabes que tipo de papel precisas?

A continuación, tedes tres actividades para escoller:

Lectura facilitada

É o momento de experimentar coas técnicas húmidas!

Os obxectivos son:

- Experimentar coa transparencia e a opacidade.

- Mestura de cores e conseguir gradacións.

- Conseguir volume xogando co sombreado.

- Explorar as técnicas de “mollado sobre mollado” e “mollado sobre seco”.

Escolle unha das tres actividades seguintes.

Mural xeométrico

O voso obxectivo e crear un mural baseado en formas xeométricas:

1- Elixe as formas xeométricas que queres incluír no mural e fai un bosquexo da idea.

2- Emprega a regra e o compás para trazas as formas con precisión.

3- Cando teñades o deseño, comezaredes aplicando acuarela para o fondo do mural, ou para engadir detalles e texturas. 

4- Aplicar pintura acrílica nas zonas xeométricas do deseño. Podedes crear cores uniformes, combinar cores, facer degradados etc.

Fai clic para ver un exemplo

Pasos tarefa

Exemplo da actividade o acrílico e a acuarela

Experimenta

Experimenta

Cidade liñal

O voso obxectivo e crear unha cidade representada ó longo dunha liña na que os edificios se relacionen entre si:

1- Debuxa en formato horizontal unha secuencia de edificios, podes xogar cos anchos e coas alturas. Engadide detalles como ventás, portas, balcóns etc. 

2- Podes facelo a man alzada ou empregar as regras para que quede máis liñal.

3- Cando teñades o deseño listo, aplicaredes acuarela para o fondo, xogando con máis ou menos auga para conseguir diferentes efectos. O fondo deberá ser difuso para dar sensación de profundidade. 

4- Aplicaredes pintura acrílica aos edificios, xogando coa profundidade e a sensación duns edificios máis afastados dos outros. As cores máis intensas e detallada nos edificios máis próximos empregando tons escuros para as sombras. Os edificios máis afastados, empregade cores máis suaves e apagadas. 

O acrílico podedes empregalo con capas máis grosas, especialmente nos edificios máis próximos, creando un contraste de textura co fondo difuso de acuarela. 

Lectura facilitada

O voso obxectivo e crear unha cidade representada ó longo dunha liña na que os edificios se relacionen entre si:

1- Debuxa en formato horizontal unha secuencia de edificios, podes xogar cos anchos e coas alturas.

- Engadide detalles como ventás, portas, balcóns etc. 

2- Podes facelo a man alzada ou empregar as regras para que quede máis liñal.

3- Aplicaredes acuarela para o fondo, xogando con máis ou menos auga para conseguir diferentes efectos.

- O fondo deberá ser difuso para dar sensación de profundidade. 

4- Aplicaredes pintura acrílica os edificios, xogando coa profundidade.

- Cores máis intensas nos edificios máis próximos empregando tons escuros para as sombras.

- Os edificios máis afastados, empregade cores máis suaves e apagadas. 

O acrílico podedes empregalo con capas máis grosas, creando un contraste de textura co fondo difuso de acuarela. 

Fai clic para ver un exemplo

Pasos tarefa

Exemplo dos pasos a seguir na actividade mural xeométrico

Experimenta

Experimenta

Obxectos urbanos

O voso obxectivo e analizar obxectos urbanos (alcantarillas, farolas, bancos...) e xogar coa profundidade dos mesmos:

1- Comezaredes facendo un bosquexo a lapis no que apareza algún obxecto urbano (edificio, farola, macetas, bancos...).

2- Cando teñades decidido o obxecto, marcaredes donde se atopa a fonte de luz para traballar as sombras e así o volume.

3- Cando teñades o deseño do voso obxecto, aplicaredes acuarela ó fondo; podedes empregar tons suaves e claros para que contraste co obxecto urbano.

Xogade coas propiedades da acuarela para conseguir diferentes efectos visuais.

4- Co fondo seco, aplicaredes pintura acrílica o voso obxecto.

Podedes empregar cores máis intensas e saturadas.

Deberedes aplicar sombras empregando cores máis escuras nos lados do obxecto que están opostos á fonte de luz. 

Lectura facilitada

O voso obxectivo e analizar obxectos urbanos (alcantarillas, faroles, bancos...) e xogar coa profundidade dos mesmos:

1- Comezaredes facendo un bosquexo a lapis no que apareza algún obxecto urbano (edificio, farol, macetas, bancos..).

2- Marcar a fonte de luz para traballar as sombras e así o volume.

3- Aplicaredes acuarela ó fondo; podedes empregar tons suaves e claros para que contraste co obxecto urbano.

Xogade coas propiedades da acuarela para conseguir diferentes efectos visuais.

4- Co fondo seco, aplicaredes pintura acrílica o voso obxecto.

Deberedes aplicar sombras empregando cores máis escuras nos lados do obxecto que están opostos á fonte de luz. 

Fai clic para ver un exemplo

Pasos tarefa

Pasos a seguir na tareda obxectos urbanos

Experimenta

Experimenta

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)