A vosa intervención
Chegou o día! Tedes as vosas pezas deseñadas, o material para traballar e a repartición das tarefas feitas.
Tedes aprendido unha chea de cousas sobre a arte urbana e as técnicas a empregar. Segundo o formato da vosa intervención, tedes os bosquexos dos murais, os esténcil, os adhesivos ou os carteis listos para facer arte na rúa!
Lectura facilitada
Chegou o día!
Tedes as vosas pezas deseñadas, o material para traballar e a repartición das tarefas feitas.
Tedes aprendido unha chea de cousas sobre a arte urbana e as técnicas a empregar.
Segundo sexa a vosa intervención, tedes os bosquexos dos murais, os esténcil, os adhesivos ou os carteis listos para facer arte na rúa!
Uns consellos de última hora, porque traballar na rúa non é o mesmo que traballar na aula:
1. Prestade atención e respectade as instrucións do profesorado que vos acompaña.
2. Lembrade as tarefas que tedes asignadas e axudade a todas as persoas do teu grupo coas súas.
3. Traballade con calma e, por riba de todo, desfrutade: hoxe sodes artistas rueiras!
4. Mentres traballades, respondede amablemente e respectade ás persoas alleas ao grupo, que poidan preguntarvos polo traballo que estades a facer.
5. Ao rematar, recollede os materiais e limpade ao redor.
6. Antes de marchar, observade o resultado todo o grupo e fotografádeo.
Se seguistes todos os pasos, xa podedes completar o reto. Lembrade que o traballo en equipo axudará a que todo vaia segundo o previsto.
Lectura facilitada
Uns consellos de última hora, porque traballar na rúa non é o mesmo que traballar na aula:
1. Prestade atención e respectade as instrucións que vos dea o profesorado
2. Lembrade as tarefas que tedes asignadas e axudade a todas as persoas do teu grupo coas súas.
3. Traballade con calma e desfrutade: hoxe sodes artistas rueiras!
4. Mentres traballades, respondede amablemente ás persoas alleas ao grupo, que poidan preguntarvos polo traballo que estades a facer.
5. Ao rematar, recollede os materiais e limpade ao redor.
6. Antes de marchar, observade e fotografade o resultado co grupo.
Se seguistes todos os pasos, xa podedes completar o reto.
Lembrade que o traballo en equipo axudará a que todo vaia segundo o previsto.
oda acción artística debe cumprir uns requisitos que vós tiñades que ter en conta. É o momento de facer unha pequena análise de todos eles. Xa vistes que na realización dos proxectos que tedes feito polo de agora, ou de calquera outro traballo, é moi importante a organización.