Glosario
Atenuación
-
Definición:
-
Redución gradual da intensidade dun trazo ou cor para crear transicións suaves na representación do volume.
-
Exemplo:
-
Se queres unha transición de negro a gris, usa o recurso da atenuación.
Bosquexo
-
Definición:
-
Debuxo preliminar que serve como base para o traballo final. Nas técnicas secas, o bosquexo permite establecer as proporcións e estruturas básicas antes de detallar.
-
Exemplo:
-
Antes de facer un cadro, os pintores fan bosquexos.
Brillo
-
Definición:
-
Parte do debuxo onde a luz incide directamente, xerando a zona máis clara do obxecto. É esencial para representar o tridimensionalidade.
-
Exemplo:
-
Un brillo na pupila contribúe a darlle volume ao debuxo dun ollo.
Contraste
-
Definición:
-
Diferenza entre as zonas claras e escuras dun debuxo. Un contraste ben traballado axuda a destacar os volumes.
-
Exemplo:
-
O branco e o negro son as cores que máis contrastan entre si.
Esfumado
-
Definición:
-
Técnica que permite suavizar os trazos e transicións entre tons mediante o uso de dedos, esfuminos.
-
Exemplo:
-
O pintor Leonardo Da Vinci era un gran mestre do esfumado.
Gradación
-
Definición:
-
Transición progresiva entre tons claros e escuros nun debuxo, o que axuda a crear sensación de profundidade e volume.
-
Exemplo:
-
O ceo ten diferentes gradacións de cor no amencer.
Lapis de grafito
-
Definición:
-
Ferramenta básica de debuxo seco que permite diferentes tons segundo a súa dureza. Os lapis máis brandos (B) son ideais para sombras, mentres que os máis duros (H) úsanse para detalles finos.
-
Exemplo:
-
Un lapis 3H é bastante duro, e un 3B bastante brando.
Trama
-
Definición:
-
Técnica de sombreado que consiste en superpoñer liñas en diferentes direccións para crear texturas e variacións de tonalidade.
-
Exemplo:
-
Para dar volume a figura, podes utilizar unha trama de diferentes cores e grosores de liña.
Recoméndase dispoñer dunha caixa que inclúa unha ampla gama de cores para ter máis opcións nas composicións.
O papel debe ser de boa calidade e cun peso adecuado para soportar a aplicación de varias capas de cor sen romper nin dobrarse.
Un afialapis de boa calidade é esencial para manter a punta dos lapis afiada e lograr trazos precisos.
Para suavizar os trazos e crear transicións de cor máis suaves. Poden usarse bastonciños de algodón como alternativa.
Unha goma branca suave axuda a corrixir erros sen danar o papel.
Poden ser ceras duras ou ceras brandas, dependendo das técnicas que se queiran aplicar.
Para evitar ensuciar a mesa.
Para raspar a cera e crear texturas, en técnicas máis avanzadas.