Paso a paso
Achegarédesvos ao traballo con diferentes técnicas coñecendo e practicando técnicas secas como os lapis de cor ou as ceras, e as técnicas húmidas, como o acrílico e a acuarela. Seredes quen de deseñar pequenas intervencións urbanas que se poden realizar na vosa vila, despois de coñecer e traballar sobre a arte urbana.
Como o ides facer?
| Paso 1 |
Investigar sobre a arte urbana: o muralismo e o graffiti. |
| Paso 2 |
Coñecer diferentes técnicas artísticas: secas e húmidas. |
| Paso 3 |
Traballar con lapis de cor e ceras. |
| Paso 4 |
Traballar con pintura acrílica e acuarela. |
| Paso 5 |
Percorrer a vosa vila, localizando espazos deteriorados para posibles intervencións. |
| Paso 6 |
Facer traballo en grupo para deseñar as posibles intervencións urbanas. |
| Paso 7 |
Executar as intervencións urbanas. |