Saltar navegación

2.3. Diario de aprendizaxe

O voso diario

Diario de aprendizaxeIdes cubrir os apartados da Fase 2 do voso diario de aprendizaxe.

Nestas páxinas é importante que reflexionedes sobre o que xa sabiades e sobre o que sabedes agora sobre a arte urbana, as técnicas secas, húmidas e o volume. Por exemplo, se sabiades que o carboncillo e os lapis de cores son técnicas secas e a acuarela e o óleo, eran técnicas húmidas, e cales serán as máis idóneas para facer un mural; ademais que as luces e sombras son as que nos permiten representar o volume dos obxectos. Anotade os vosos pensamentos e ideas no diario.

Isto axudaravos nun futuro a descubrir mellor como os vosos coñecementos previos se poñen a funcionar e a buscar conexións para relacionarse coas novas aprendizaxes. Se ides coñecendo a maneira na que aprendedes, seredes capaces de aprender mellor.

Non tedes o diario de aprendizaxe? Podedes ver o documento dende esta ligazón.

Lectura facilitada

Cubride os apartados da Fase 2 do diario.

Anotade os vosos pensamentos e ideas no diario.

Reflexionade nel sobre a arte urbana, as técnicas secas, as técnicas húmidas e o volume.

Podedes ver o documento dende esta ligazón.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)