Obxectivos
O REA "rúArte" ten como obxectivos principais:
1 - Fomentar a capacidade do alumnado para xerar ideas, sentimentos e opinións a través da arte.
2 - Coñecer e experimentar con diferentes técnicas artísticas e as ferramentas propias de cada técnica, aplicándoas nun contexto urbano.
3 - Fomentar o traballo en equipo e colaborativo mediante o intercambio de ideas a través de diferentes pequenas intervencións artísticas.
4 - Desenvolver unha ollada proactiva e crítica sobre o espazo colectivo, entendendo as diferenzas e matices entre arte e vandalismo.
5 - Potenciar o sentido artístico e a percepción do espazo urbano de forma creativa.
(1).png)


.png)
