Saltar navegación

Experimenta!

Actividades: Técnicas secas

Agora é o momento de que experimentes o aprendido!

Seguro que sodes capaces de entender os conceptos vistos anteriormente cando teñades o pincel na man e comecedes a probar.

A continuación, tedes tres actividades para escoller. Podedes realizalas combinando os lapis de cores cas ceras, aproveitando as propiedades de cada técnica.

Termómetro de cor

Termómetros de cores1. Debuxade dous termómetros grandes nun folio.

2. Utilizade diferentes cores e intensidades para crear sensación de volume.

3. Crea pequenas sombras baixo os termómetros para dar sensación de que están apoiados.

4. Esfumade para que o degradado sexa suave.

Graffiteando nomes

Graffiti co nome de Antonio1. Debuxade cada un o seu nome en grande nun folio, con tipografía estilo graffiti

2. Na parte superior do interior das letras aplicade unha cor, e na parte de abaixo outra

3. A medida que vos acercades ao centro superpoñede con suavidade ambas cores, ata obter unha cor intermedia

4. Esfumade cos dedos ou con papel para suavizar os trazos.

O bote de aerosol

Bote de aerosol1. Debuxade un bote de aerosol.

2. Imaxinade que lle chega a luz dende a parte esquerda

3. Aplica cor moi suave nas partes máis iluminadas. Podes utilizar lapis ou xiz branco para darlle máis brillo.

4. Aplicade tonalidades máis intensas nas partes con sombras propias e proxectadas, tamén con degradado.

5. Decora a lámina para dar sensación de espazo. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)