Saltar navegación

3.4. Técnicas húmidas

 

Glosario

Aglutinantes

Aglutinante: goma arábiga

Definición:

Compoñente da pintura que permite que os pigmentos se adhiran a superficie.

Exemplo:

O aglutinante da acuarela é a goma arábiga, unha sustancia natural que actúa como medio de suspensión.

Capas

Superposición de capas

Definición:

Son as diferentes aplicacións de pintura sobre unha superficie. Na acuarela as capas son transparentes e constrúense gradualmente; no acrílico, as capas poden ser opacas ou transparentes.

Exemplo:

Nunha obra de arte, cada capa de pintura engade profundidade e textura.

Degradado

Concepto de degradado

Definición:

É un cambio suave dunha cor a outra, ou dunha cor máis clara a outra máis escura. Nun degradado, as cores mistúranse gradualmente, sen que haxa unha liña clara entre eles.

Exemplo:

O artista logrou un fermoso degradado de cores no ceo, pasando suavemente do azul o laranxa.

Diluentes

Aceite de liñaza

Definición:

Empréganse para facer a pintura máis ou menos pastosa ou transparente. Emprégase a auga nas témperas, acuarela ou acrílicos e o aceite de liñaza no caso de óleo. É fundamental para lograr efectos de luz e profundidade.

Exemplo:

O pintor empregou diluente para facilitar a súa aplicación no lenzo.

Disolvente

Disolvente

Definición:

Líquido usado para diluír a pintura e axustar a súa consistencia. Na acuarela o disolvente principal é a auga, que fai as cores máis transparentes, pero no acrílico poden ser outras solucións como xeles e retardadores.

Exemplo:

Para limpar os pinceis empregamos o disolvente.

Pigmentos

Pigmentos de cores

Definición:

Sustancia que da cor a pintura. Nas técnicas húmidas, os pigmentos dispérsanse nun líquido para ser aplicados sobre unha superficie. Poden ser de orixe natural, orgánicos ou inorgánicos ou de orixe artificial. 

Exemplo:

Os pigmentos naturais déronlle a pintura unha cor máis vibrante.

Secado

Concepto de secado

Definición:

Proceso mediante o cal a pintura pasa dun estado líquido a sólido. Na acuarela, depende da cantidade de auga aplicada e no acrílico, da cantidade de auga e dos medios aplicados.

Exemplo:

O secado rápido permite aplicar varias capas para conseguir un efecto dinámico.

Sombreado

Imaxe co concepto de sombreado

Definición:

Forma de dar luz e sombra os obxectos nun debuxo para que parezan máis reais e con volume.

Exemplo:

O pintor emprega o sombreado para engadir profundidade no retrato.

Textura

Concepto de textura

Definición:

Refírese á superficie que se forma o aplicar a pintura; pode ser suave, rugosa, fluída, espesa, entre outras. Na acuarela, a textura e máis fluída e transparente; no acrílico, a textura pode variar dende suave ata grosa e rugosa.

Exemplo:

Coa pintura acrílica conseguimos textura ó aplicar capas grosas.

Transparencia

Concepto de transparencia

Definición:

Calidade que permite a unha capa de pintura deixar pasar a luz e revele parcialmente as capas inferiores. 

Exemplo:

A transparencia na acuarela permítenos que as capas de cor se misturen suavemente.

Volume

Concepto de volume

Definición:

Sensación de tridimensionalidade ou profundidade que ten un obxecto ou imaxe. Cando vemos un obxecto, podemos dicir si ten volume porque parece ter altura, anchura e profundidade.

Exemplo:

O artista empregou sombras sutís para dar volume as figuras.

Qué son as técnicas húmidas?

As técnicas húmidas son aquelas nas que se emprega auga ou algún outro líquido para aplicarse. Trabállase sobre diferentes soportes, como o papel, lenzo, taboleiro de madeira, muros etc, utilizando materiais solubles como acrílico, acuarela, óleo, témpera. Estas técnicas son moi usadas na pintura pero tamén en gravado e serigrafía. Hoxe ides centrarvos en dúas das técnicas húmidas máis utilizadas: a pintura acrílica e a acuarela. 

Lectura facilitada

- As técnicas húmidas son aquelas nas que se emprega auga ou algún outro líquido para aplicarse.

- Trabállase sobre diferentes soportes, como o papel, lenzo, taboleiro de madeira, muros etc.

- Utilízanse materiais solubles como acrílico, acuarela, óleo, témpera.

- Estas técnicas son moi usadas na pintura pero tamén en gravado e serigrafía.

- Hoxe ides centrarvos en dúas das técnicas húmidas máis utilizadas: a pintura acrílica e a acuarela. 

Acrílico

A pintura acrílica ten base de auga e emprega pigmentos mesturados con un aglutinante chamado acrílico, (resina concentrada). É de secado rápido e pódese empregar de diversas formas, en función da cantidade de auga que se engada ou si se engaden outros materiais.

O acrílico, aínda que se usa con auga para disolverse e para aplicarse, unha vez que seca, vólvese resistente a auga e forma unha capa sólida.

Para comezar a traballar co acrílico hai varias cousas a ter en conta. ¿Queres saber de que estou a falar? Fai clic en cada un deles e descúbreo.

Lectura facilitada

O acrílico componse de auga, pigmentos e aglutinante. 

É de secado rápido. 

Pódese engadir máis ou menos auga.

O acrílico, cando seca convértese en resistente a auga. 

Fai clic é descubre máis sobre esta técnica.

Materiais

Para comezar a pintar con acrílico necesitas diferentes materiais:

Auga

Grifo aberto do que sae augaEmprégase para diluír a pintura e facela máis fluída.

Paleta

Paleta para mezclasPódese empregar unha paleta de plástico ou unha superficie lisa para mesturar as cores.

Lenzo

Lienzo para pintarO acrílico pódese traballar sobre lenzo ou papel. Existen papeis con características especiais para a pintura acrílica, atendendo o peso e rugosidade.

Pinceis

Pinceis de varios tiposHai pinceis de diferentes tamaños e formas e teñen os pelos sintéticos xa que poden danar os pinceis naturais.

Acrílico

AcrílicoSon bastante intensas e cobren ben as superficies, veñen en tubos ou botes de diferentes cores.

Trapos

Papel ou traposPara limpar os pinceis e sacar o exceso de pintura, pódense empregar trapos ou papel.

Técnicas básicas

O acrílico é unha pintura moi flexible que se pode empregar de formas diferentes.

Pintura máis espesa

Sen usar auga ou moi pouca cantidade, a pintura será máis espesa. Isto permítenos crear capas grosas e con textura. Podes facer liñas máis definidas.

Pintura máis fluída

Si dilúes a pintura con auga, vólvese máis fluída e parecida a acuarela, isto permite crear efectos de transparencia e gradacións de cor.

Propiedades

O acrílico ten unhas características únicas que o fan especial.

Cores brillantes

Son intensos e vibrantes. Si se pinta unha capa fina, a pintura pode ser translúcida, pero si aplicas máis capas, volvese completamente opaca.

Durabilidade

Unha vez seco, o acrílico vólvese resistente a auga e moi duradeiro, polo que esta técnica é apta para exterior, como por exemplo, en murais.

Secado rápido

É unha das súas principais características. Isto significa que se queres traballar con varias capas pódelo facer despois de uns minutos.

Acuarela

A acuarela é unha técnica de pintura na que se empregan pinturas formadas por pigmentos disoltos en auga. A súa característica principal e que é moi líquida e transparente.

A acuarela non é tan espesa como outras técnicas, como o acrílico ou óleo. A auga axúdanos a que as cores se mesturen entre si e se esfumen de forma suave.

Para comezar a traballar coa acuarela hai varias cousas a ter en conta. Queres saber de que estou a falar? Fai clic en cada un deles e descúbreo.

Lectura facilitada

Está formada por pigmento e auga.

A súa característica principal e que é moi líquida e transparente.

A acuarela non é tan espesa como outras técnicas.

A auga axúdanos a que as cores se mesturen. 

Fai clic para saber máis. 

Materiais

Para comezar a pintar con acuarela necesitas diferentes materiais:

Acuarelas

Concepto de acuarelaPoden ser en pastilla ou líquidas (en tubo), a principal diferencia é que as de pastilla témolas que humedecer antes de usalas.

Auga

Grifo aberto do que sae augaÉ fundamental porque a pintura se dilúe nela, e é o que fai que a acuarela sexa tan fluída.

Paleta

Paleta de coresNecesitaremos unha paleta para poder mesturar cores, e engadir máis ou menos auga.

Papel 

Papel para debuxarUn papel de peso groso que absorba ben a auga e evite que se deforme.

Pinceis

Pinceis de varias coresHai pinceis de diferentes tamaños e formas, para comezar, un pincel mediano e un pequeno de punta redonda son suficiente.

Técnicas básicas

Mollado sobre mollado

Esta técnica consiste en mollar primeiro o papel e despois pasar o pincel coa cor, isto crea una efecto suave e difuso, e os tons mestúranse entre si de maneira fluída.

Mollado sobre seco

Esta técnica da como resultado cores máis definidas. Se precisas facer detalles de sombras ou contornos, podes aplicar acuarela directamente sobre o papel seco. As cores quedan máis concentradas e non se dispersan tanto.

Propiedades

Gradacións de cor

Empregar máis ou menos auga co pigmento crea gradacións de cor, o que nos permite lograr luces e sombras. Canta máis auga, máis suave e clara é a pintura e canto menos auga, máis intensa será a cor.

Transparencia

A acuarela destaca pola súa transparencia, isto quere dicir que podes facer capas de cor moi sutís. Si queres unha zona moi clara, abonda con non poñer tanta cor e usar máis auga.

Outras técnicas

Ademais da acuarela e o acrílico, existen outras técnicas húmidas, que como xa vimos son aquelas que empregan auga ou outro líquido para diluír os pigmentos. 

Frescos

Nesta técnica, os pigmentos aplícanse sobre unha capa de xeso húmido. A medida que o xeso seca, a cor intégrase coa parede. Foi moi empregado para as pinturas de murais. 

Óleo

Caracterízase por empregar pigmentos mesturados con aceites, polo xeral, de liñaza, o que permite traballar coa pintura durante máis tempo xa que tarda en secar. 

Témpera

É unha pintura con base de auga, similar a acuarela pero con máis opacidade, emprega aglutinante dalgún tipo de graxa animal, glicerina, xema de ovo... A súa consistencia espesa permite cubrir áreas de forma sólida. 

Tinta china

Técnica que se emprega comunmente con pinceis ou plumas directamente do recipiente, pero tamén se pode diluír en auga para crear variacións na intensidade da cor, conseguindo sombreados e texturas.

Aerosol

Aplicación de pintura líquida mediante un aerosol. A pintura dispérsase en pequenas gotas o que permite cubrir superficies grandes rapidamente e crear diferentes efectos como gradientes da cor, sombreados ou texturas. A pintura que se emprega pode ser acrílica, epóxica, de esmalte ou con outros disolventes. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)