| Participación e traballo en equipo | Fun un membro esencial no grupo, sempre estiven dispoñible para axudar, e aportei ideas importantes ao proxecto amosando iniciativa. (2) | Integreime ben no grupo, axudei ás compañeiras e compañeiros e fun parte activa no proxecto. (1.5) | Colaborei pouco co grupo e non axudei moito aos compañeiros/as tendo dificultades para integrarme. (1) | Non conseguín integrarme no grupo e non colaborei nin axudei aos meus compañeiros/as. (0.5) |
|---|
| No traballo individual | O meu traballo individual foi excelente, profundicei na tarefa, experimentei con todas as técnicas e fixen achegas creativas ao reto. (2) | Fixen un traballo individual ben organizado, seguindo as indicacións, traballando todas as técnicas e rematei todas as tarefas a tempo. (1.5) | O meu traballo individual foi moi limitado, necesitei axuda e non traballei todas as técnicas propostas. (1) | Non realicei as tarefas individuais e non participei na realización do reto. (0.5) |
|---|
| Creatividade e orixinalidade | O meu traballo é altamente creativo, orixinal e amosa un estilo único propio. (2) | O meu traballo é creativo e amosa algúns elementos orixinais. (1.5) | O meu traballo é pouco creativo e tamén algo repetitivo e predicible. (1) | O meu traballo non mostra ningunha creatividade nin orixinalidade. (0.5) |
|---|
| Investigación sobre a arte urbana | Fixen unha investigación profunda sobre a arte urbana e apliquei os coñecementos de maneira innovadora no proxecto. (2) | Realicei unha boa investigación sobre a arte urbana e apliquei algúns dos meus coñecementos no proxecto. (1.5) | A investigación que fixen sobre a arte urbana foi superficial e non se reflicte no meu traballo. (1) | Non investiguei sobre a arte urbana nin apliquei os coñecementos adquiridos. (0.5) |
|---|
| Reflexión sobre o proceso e superación do reto | Participei de forma activa no meu grupo e tamén aportei ideas para outras intervencións. Participei na execución e fixen novas propostas reflexionando profundamente sobre todo o proceso, os meus erros, melloras e aprendizaxes, mostrando autocrítica e vontade de mellorar. (2) | Participei para superar o reto e reflexionei de forma detallada sobre o que fixen no proxecto e as aprendizaxes que obtiven. (1.5) | Participei na busca de espazos deteriorados pero non axudei a facer os deseños para as intervencións. A reflexión que fixen foi moi xeral e non inclúe moitos detalles importantes. (1) | Non participei na busca de espazos deteriorados nin na parte creativa das intervencións e non reflexionei sobre o meu traballo nin o que aprendín. (0.5) |
|---|