Lembrades o xogo de procurar formas nas nubes? Imos facer algo parecido pero con manchas de cor.
Que materiais precisas?
Primeiro de todo, prepara o teu espazo de traballo. Lembra empregar materiais de refugallo, na medida do posible.
Para este traballo vas precisar:
- Papeis ou cartolinas.
- Témperas ou acuarelas, e botes para facer mesturas.
- Pinceis, brochas e esponxas de refugallo.
- Auga e trapos vellos para a limpeza.
- Lapis de cor ou grafito.
Xogando coa cor
Para comezar, coloca os papeis enriba da mesa e prepara as cores. Emprega os pinceis, as brochas ou as esponxas para facer manchas de cor de xeito libre e abstracto.
Mentres deixas secar o resultado, co resto do grupo, procura nas manchas formas recoñecibles, coma no xogo das nubes.
As nosas nubes de cor
Unha vez seca a pintura, resalta as formas atopadas do fondo coloreado con lapis de cor ou grafito.
Lembra compartir o resultado cos outros grupos na aula!