Transformando a vila
A rúa é o espazo común da vosa vila. Cando atopades lugares e obxectos estragados ou desfeitos... aféctavos? De seguro que non vos gusta atopar lixo, pintadas ou muros a medio facer. En Galicia deuse en chamar feísmo a unha forma peculiar de entender a arquitectura e o urbanismo preocupándose máis polo uso que pola estética do construído. Malia ser algo que poderíamos defender como noso, é importante tomar conciencia da necesidade de coidar os espazos que empregades vós e outras persoas.
Tedes un reto que facer e queredes facelo do mellor xeito posible, verdade?
A arte ten a capacidade transformadora que precisades. En especial, a arte urbana, coas técnicas artísticas que emprega e a súa linguaxe dinámica, permitiravos deseñar intervencións atractivas e interesantes.
O obxectivo é que xuntos, poidades achegar ideas e solucións para facer da vosa vila un lugar máis fermoso, na que a arte e a creatividade xoguen un papel importante na mellora da vosa contorna.
Atención que ides aprender moito!
Lectura facilitada
A rúa é o espazo común da vosa vila.
Cando atopades na vosa contorna cousas desfeitas... aféctavos?
De seguro non vos gusta atopar lixo, pintadas na parada do autobús ou muros a medio facer.
En Galicia chámase feísmo a un xeito de entender a arquitectura e o urbanismo preocupándose máis polo uso que polo bonito do construído.
Malia ser algo noso, é importante tomar conciencia da necesidade de coidar os espazos que empregades vós e outras persoas.
Tedes un reto que facer e queredes facelo do mellor xeito posible, verdade?
A arte ten esa capacidade transformadora que precisades.
En especial, a arte urbana, coas técnicas artísticas que usa e a súa linguaxe, permitiravos deseñar intervencións atractivas e interesantes.
O obxectivo é achegar ideas e solucións para facer da vosa vila un lugar máis fermoso.
Atención que ides aprender moito!