Glosario
Arte urbana
-
Definición:
-
Toda expresión artística feita no espazo urbano.
-
Exemplo:
-
Os murais e os graffitis son exemplos de arte urbana.
Bloque
-
Definición:
-
Letra do graffiti.
-
Exemplo:
-
Baixo a ponte da autopista, pintaron graffitis moi vistosos.
Boquilla
-
Definición:
-
Chamada tamén válvula ou cap, é a peza que leva o bote de aerosol, pola que sae a pintura. Pode ser de diferentes grosores.
-
Exemplo:
-
Maruxa lavou a boquilla para que a pintura non atasque o bote de aerosol.
Esténcil
-
Definición:
-
Técnica na que a pintura se aplica empregando un modelo ou forma, na maioría dos caso feita de acetato ou cartón. Permite repetir a mesma imaxe.
-
Exemplo:
-
Recortade o esténcil para repetir o voso debuxo en todas as paredes.
Graffiti
-
Definición:
-
Actividade que consiste en firmar, debuxar ou colorear nomes, frases ou motivos icónicos nunha parede, cartel, porta, ou calquera espazo público. O graffiti acostuma ser unha actividade libre, espontánea e creativa.
-
Exemplo:
-
O meu amigo pinta graffitis no muro da casa abandonada.
Latrinalia
-
Definición:
-
Mural feito nun baño público.
-
Exemplo:
-
Nas portas dos baños da piscina debuxaron latrinalia.
Mural
-
Definición:
-
Pintura feita nunha parede ou muro.
-
Exemplo:
-
Lula Goce pinta murais en edificios de todo o mundo.
Sticker ou adhesivo
-
Definición:
-
Forma de arte rueira na que a mensaxe ou imaxe vai nun adhesivo.
-
Exemplo:
-
O grupo de artistas pegaron stickers nos farois da vila.
Tag
-
Definición:
-
Firma de grafiteiro/a.
-
Exemplo:
-
Muelle, o grafiteiro, tiña tags en todas as cidades.
Scrach
-
Definición:
-
Tag, firma ou frase rascada nun cristal.
-
Exemplo:
-
As xanelas do autobús estaban cheas de scrachs.
Vandalismo
-
Definición:
-
Acto de danar ou estragar obxectos ou espazos públicos ou alleos.
-
Exemplo:
-
Onte pintaron na porta da catedral, vaia acto de vandalismo!
Un artista valenciano, J. Warz, enche as rúas con memes e críticas políticas e sociais.
Para entender o presente é interesante coñecer a historia. Podedes atopar exemplos de pintura mural dende o Paleolítico até os nosos días, pasando por Roma e o Renacemento: as covas de Altamira, os frescos de Pompeia, a Capela Sextina de Michelangelo e, xa no século XX, o traballo dos muralistas mexicanos, son antecedentes da pintura mural urbana. Na imaxe, un mural de
Estas dúas artistas magníficas teñen en común ser galegas e traballar reivindicando a nosa natureza. Na imaxe tedes un exemplo do traballo de Doa Oa, que forma parte do seu proxecto Reforestando.
Alexandre Farto, artista portugués coñecido como Vhils, reflexiona sobre a identidade e a vida na sociedade urbana actual. No seu traballo emprega o baixorrelevo dun xeito innovador, procurando as diferentes capas do muro, raspando e incluso empregando explosivos.
Os murais poden ser unha simple explosión de formas e cores ou chegar a representar o real do xeito máis virtuoso. Para entender a diferencia entre estas formas de representación, podedes comparar o traballo xeométrico de Okuda, coas criaturas fantásticas do galego Liqen e as pequenas paisaxes realistas que Juan Rivas pinta en postes e farolas do rural galego.
Un exemplo do carácter vindicativo do muralismo o tedes na homenaxe ás avoas galegas do muralista Joseba MP.
Este estadounidense, orixinario de Philadelphia, é considerado o primeiro escritor de tags do mundo. Un dato curioso: todo comezou por namorarse dunha rapaza e escribir a frase "Cornbread loves Cynthia" polas rúas do seu barrio, nos anos 60 do século pasado.
O xenial Bansky, do que non coñecemos a verdadeira identidade, inspirouse no traballo de Blek le Rat. Este grafiteiro francés é considerado o pai do uso do esténcil no graffiti.
Como moitos ámbitos da sociedade, o mundo da arte urbana estaba moi masculinizado. As coñecidas como Musa71, Yoli, Yubia e Ruca son exemplos de grafiteiras españolas.
Tag, firma ou frase rascada nun cristal.
Igual que os adhesivos, son materiais impresos. Péganse con engrudo nas paredes, portas ou calquera superficie urbana. Ás veces combínanse coa pintura mural.
Obxectos tridimensionais coa estética e finalidade transgresora da arte urbana. Calquera cousa pode transformarse en arte cando é intervida axeitadamente e cunha finalidade artística.