Cirurxías na rúa
Se chegastes ata aquí, xa teredes varios espazos preparados para ser intervidos e mellorados.
Comezaredes por compartir co resto do grupo as zonas que credes que necesitan mellorar e comezaredes a pensar ideas de como converter ese espazo e para iso comezaredes a facer bosquexos sobre posibles intervencións.
Estes bosquexos serán como unha especie de deseño da intervención que queredes realizar. O deseño será unha parte importante do proxecto, pero disto falaremos máis adiante.
Entendedes o reto?
Lectura facilitada
Agora xa teredes varios espazos preparados para ser intervidos e mellorados.
Comezaredes por compartir co resto do grupo as zonas que credes que necesitan mellorar.
Faredes bosquexos sobre posibles intervencións.
Estes bosquexos serán como unha especie de deseño da intervención que queredes realizar.
Entendedes o reto?