Proba destinada a avaliar coñecementos, aptitudes, capacidades ou habilidades.
Exemplo:
O test de Cooper é unha proba de resistencia que consiste en correr a maior distancia posible en 12 minutos a unha velocidade constante.
Que son?
Son probas que serven para medir as capacidades físicas dunha persoa, como a forza, a resistencia, a flexibilidade e a velocidade.
Axudan a coñecer o estado ou forma física dunha persoa.
Lectura facilitada
Son probas que serven para medir as capacidades físicas dunha persoa, como:
A forza.
A resistencia.
A flexibilidade.
A velocidade.
Axudan a coñecer o estado ou forma física dunha persoa.
Audio
Tipos de test de condición física
A continuación, podedes ver exemplos de test de condición física para cada unha das catro capacidades físicas básicas que se empregan habitualmente:
Test de forza
- Salto horizontal: trátase de medir canta distancia podes saltar cara adiante estando parado.
- Lanzamento de balón medicinal (2-3 kg): lanza o balón cara adiante o mais lonxe posible empregando ambas as mans dende detrás da cabeza.
- Flexións de brazos: fai todas as flexións de brazos que poidas cunha técnica correcta.
- Abdominais en 30 segundos: fai o maior número de abdominais ben feitos no tempo indicado.
Test de flexibilidade
- Sit and reach: senta cos pés apoiados nunha caixa e intenta alcanzar a maior distancia posible cara adiante cos brazos.
- Aproximación de mans nas costas: trata de tocar as mans por detrás das costas (unha por arriba e outra por abaixo).
- Flexión profunda de tronco: leva as mans ao chan entre as pernas e cara atrás tratando de alcanzar a maior distancia posible.
Test de resistencia
- Test de Course Navette: corre entre dúas liñas separadas 20 metros ao ritmo dun asubío que se acelera.
- Test de Cooper: recorre a maior distancia posible en 12 minutos.
- Test dos 1000 metros: recorre a distancia de 1 km no menor tempo posible.
- Test do chanzo: sube e baixa un caixón ou chanzo duns 30 cm de alto o maior número de veces en 3 minutos.
Test de velocidade
- Carreira de 30 metros: recorrer 30 metros no menor tempo posible.
- Carreira de 10 x 5 metros: recorre 10 veces a distancia de 5 metros (ida e volta) no menor tempo posible.
- Circuíto de axilidade en 8: recorrer o circuíto de conos e valos no menor tempo posible.
Poñendo a proba as vosas capacidades
Agora que xa coñecedes os tipos de test, ides poñer a proba as vosas capacidades físicas básicas.
Por parellas, iredes realizando as diferentes probas. Mentres unha persoa da parella executa a proba, a outra fai de avaliador.
Podedes probar a realizar cada proba as veces que queirades, pero lembrade de ir rexistrando as vosas marcas. Unha vez finalizada a sesión quedade coa mellor marca conseguida en cada proba.
As probas de resistencia só se farán unha vez, e serán feitas por todo o alumnado ao mesmo tempo.
Cando teñades toda a ficha completa coas vosas marcas en cada proba, empregaredes os baremos para analizar a puntuación obtida en cada proba. Deste xeito poderedes coñecer o voso estado de forma física, así como o voso nivel en cada capacidade.
Lectura facilitada
Ides poñer a proba as vosas capacidades físicas básicas.
Por parellas, iredes realizando as diferentes probas.
Mentres unha persoa da parella executa a proba, a outra fai de avaliador.
Podedes probar a realizar cada proba as veces que queirades.
Lembrade ir rexistrando as vosas marcas.
Unha vez finalizada a sesión quedade coa mellor marca conseguida en cada proba.
As probas de resistencia só se farán unha vez.
Serán feitas por todo o alumnado ao mesmo tempo.
Cando teñades toda a ficha completa coas vosas marcas en cada proba, empregaredes os baremos para analizar a puntuación obtida en cada proba.
Deste xeito poderedes coñecer o voso estado de forma física, así como o voso nivel en cada capacidade.
Audio
Que vantaxes e inconvenientes presentan eses test?
Despois de poñer as vosas capacidades a proba, analizade cada un dos tests de condición física realizados.
Que vantaxes e inconvenientes lles vedes?
Analizado isto, ide pensando os tests que mellor se adaptarían ao momento de realizalos coas vosas familias.
Lectura facilitada
Analizade cada un dos tests de condición física realizados.
Que vantaxes e inconvenientes lles vedes?
Que test dos realizados será mellor para realizarlle ás vosas familias?
Audio
Ampliación
Se considerades que ningún test se podería chegar a adaptar ben aos vosos familiares, sempre tedes outra opción...
Creade un test para a capacidade que queirades.
Con todos os coñecementos adquiridos ata o momento sobre a condición física, seguro que vos é doado.