Glosario
Stand
-
Definición:
-
Instalación dentro dun mercado ou feira, para a exposición ou venta de produtos.
-
Exemplo:
-
En Burela celébrase todos os anos Expomar, que ten unha gran cantidade de stands sobre produtos do mar.
Definición:
Instalación dentro dun mercado ou feira, para a exposición ou venta de produtos.
Exemplo:
En Burela celébrase todos os anos Expomar, que ten unha gran cantidade de stands sobre produtos do mar.
Despois de tanta formación, seguro que estades ansiosos e ansiosas por demostrar o que aprendestes.
Tedes ganas de organizar xa o voso reto? Moi ben! Pero primeiro deberiades saber o que podería ser Expomoving, non?
Será unha feira de hábitos saudables, na que os espazos que a conformen sexan todos teórico-prácticos, onde o resultado sexa unha xornada de convivencia saudable para as vosas familias, onde sexades o seus adestradores e adestradoras persoais.
Cada grupo será o encargado de xestionar un stand, pero, sabedes o que son os stands?
E os tipos de stands que pode haber nunha feira?
Ides descubrilos!
Seguro que estades ansiosos e ansiosas por demostrar o que aprendestes.
Primeiro deberiades saber o que podería ser Expomoving, non?
Será unha feira de hábitos saudables.
Os espazos que a conformen sexan todos teórico-prácticos.
Nesta feira teórico-práctica, o resultado será unha xornada de convivencia saudable para as vosas familias.
Alí seredes os seus adestradores e adestradoras persoais.
Cada grupo será o encargado de xestionar un stand.
Sabedes o que son os stands?
E os tipos de stands que pode haber nunha feira?
Despois de tanta formación, seguro que estades ansiosos e ansiosas por demostrar o que aprendestes. Pero antes de organizar a xornada saudable, debedes coñecer os diferentes tipos de stands para pensar como organizar cada un deles.
Recordade que un stand é un espazo dentro dun mercado ou feira, para a exposición ou venta de produtos.
Os stands poden variar, dependendo da temática da feira. Por exemplo, Expomar en Burela é unha feira náutico-pesqueira, polo que a maioría dos seus stands teñen relación co mar.
Se parades a pensar un segundo, cal vai ser a temática da vosa feira? Está claro, verdade?
Pois fixádevos no que ven a continuación. Encaixaríanvos en Expomoving algúns destes stands?
Seguro que estades ansiosos e ansiosas por demostrar o que aprendestes.
Debedes coñecer os diferentes tipos de stands para pensar como organizar cada un deles.
Recordade que un stand é un espazo dentro dun mercado ou feira, para a exposición ou venta de produtos.
Os stands poden variar, dependendo da temática da feira.
Por exemplo, Expomar en Burela é unha feira náutico-pesqueira.
A maioría dos seus stands teñen relación co mar.
Se parades a pensar un segundo, cal vai ser a temática da vosa feira?
Pois fixádevos no que ven a continuación.
Encaixaríanvos en Expomoving algúns destes stands?
En base aos contidos traballados anteriormente, debedes seleccionar só os alimentos saudables de todos aqueles que recibiredes por parte das familias. Rexeitade os ultraprocesados e quedade cos alimentos saudables. Aproveitade para demostrar os coñecementos adquiridos ao longo da vosa formación "Máster en saúde" para explicarlle ás vosas familias os motivos de por que elixides eses alimentos.
No stand 2 debedes dirixir un quecemento para todas as persoas asistentes a Expomoving. Como ides facelo? Pensade que xa puxestes en práctica diferentes quecementos nas sesións anteriores. Analizade aos asistentes e preparade un quecemento adaptado ás características destes.
En base ao aprendido, decidide o test de resistencia que lle propoñeredes aos visitantes para valorar dita capacidade.
En base ao aprendido, decide o test de forza que lle propoñeredes aos visitantes para valorar dita capacidade. Podedes escoller diferentes tests en función do que queirades valorar. Recordade que hai test para valorar a forza do tren superior, do tren inferior e do tronco.
En base ao aprendido, decide o test de velocidade e axilidade que lle propoñeredes aos visitantes para valorar dita capacidade. Xa fixestes varios tests deste tipo realizados nunha das sesións prácticas, elixide o que consideredes máis axeitado.
En base ao aprendido, decide o test de coordinación e mobilidade que lle propoñeredes aos visitantes para valorar dita capacidade en cada un deles. Non esquezades que a flexibilidade é unha capacidade incluída dentro da mobilidade.
Neste stand teredes que conseguir que todos os participantes en ExpoMoving baixen pulsacións. Pensade como o ides facer e non esquezades que tamén será o momento de recuperar enerxía cos alimentos que superaron o control de calidade do stand 1. Que se podería ofrecer para recuperar enerxía?
É importante que os stands sexan o máis accesibles para todos os participantes, polo que deberedes ter en conta as características das persoas que van asistir.
Ademais, os stands 1 e 7 deberedes organizalos e participar todos os adestradores e adestradoras persoais.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0