Saltar navegación

3.1. O día a día

 

Glosario

Ciencia

Pictograma de ciencias

Definición:

A ciencia é o conxunto de coñecementos organizados, xerarquizados e comprobables que o ser humano obtivo a partir da observación dos fenómenos naturais e sociais da realidade e da súa comprobación a través de métodos experimentais.

Exemplo:

As ciencias naturais buscan comprender o funcionamento do universo e do mundo que nos rodea.

Mito

Pictograma de conto

Definición:

Historia ficticia ou personaxe literario ou artístico que encarna algún aspecto universal da condición humana.

Exemplo:

Un mito falso é o de que o pan, a pataca ou o plátano engordan.

Os hábitos das familias

Muller realizando actividade físicaSeguro que vós realizades actividade física habitualmente, pero, as vosas familias?

Se chegastes ata aquí, xa coñecedes o voso reto, que non é outro que o de motivar ás persoas que conviven con vós a aumentar a súa actividade física diaria. Para conseguilo converterédesvos en adestradores e adestradoras persoais e necesitades unha boa formación, unha formación que estades a punto de iniciar.

Pero non será doado! Deberedes adquirir unha serie de coñecementos en relación a alimentación saudable, cooperación, quecemento ou condición física.

Estes coñecementos que adquirades permitiranvos organizar a xornada saudable e, máis en concreto, os diferentes stands que a conformarán. Pero non teñades presa...

O primeiro será diferenciar entre boa información e mala información.

Isto comeza xa!

Lectura facilitada

As vosas familias realizan actividade física habitualmente?

O voso reto é motivar ás persoas que conviven con vós a aumentar a súa actividade física diaria.

Para iso necesitades unha boa formación que estades a punto de iniciar.

Deberedes adquirir unha serie de coñecementos sobre:

  • Alimentación saudable.
  • Cooperación.
  • Quecemento.
  • Condición física.

Estes coñecementos permitiranvos organizar a xornada saudable e, máis en concreto, os diferentes stands que a conformarán.

Isto comeza xa!

Non todo vale!

Comeza a vosa formación como persoals trainers! Canto mellor sexa a vosa formación, máis facilidades teredes para poder transmitirlle coñecementos ás vosas familias na xornada saudable.

Dito isto, hoxe en día é moito máis doado acceder a unha gran cantidade de información porque se vive conectados ás novas tecnoloxías. Isto leva a que sexa moito máis fácil ter uns coñecementos básicos sobre todo tipo de temas, pero por outro lado, complica diferenciar entre boa e mala información.

A continuación, tedes un vídeo que vos fala duns hábitos saudables moi concretos. Ides velo e despois opinaredes se a información do vídeo vos parece contrastada ou un mito.

Lectura facilitada

Canto mellor sexa a vosa formación, máis facilidades teredes para poder transmitirlle coñecementos ás vosas familias na xornada saudable.

Hoxe en día é moito máis doado acceder a unha gran cantidade de información grazas ás novas tecnoloxías.

Tamén é máis fácil ter uns coñecementos básicos sobre todo tipo de temas.

Pero complica diferenciar entre boa e mala información.

A continuación, tedes un vídeo que vos fala duns hábitos saudables moi concretos.

Ides velo e despois opinaredes se a información do vídeo vos parece contrastada ou un mito.

Vídeo

Ciencia e mitos

Despois de ver este vídeo, que fala sobre o hábito do almorzo cando un se levanta da cama, é momento de que paredes un segundo a reflexionar.

  • Que opinades sobre o almorzo?
  • Almorzades antes de vir ao instituto?
  • Debe ser obrigatorio almorzar despois de levantarvos da cama?
  • Como vos sentides ao longo da mañá cando almorzades?
  • E cando non o facedes?
  • Fixástesvos nos alimentos do vídeo? Son recomendables ou non?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)