Saltar navegación

2.1. Desafíos saudables

 

Glosario

Cartas

Pictograma de cartas dunha baraxa

Definición:

Cada unha das cartolinas rectangulares que, cubertas cunha cara uniforme e outra con debuxos determinados, empréganse en distintos xogos de azar.

Exemplo:

Empregáronse cartas con debuxos para crear os grupos de traballo.

Desafío

Pictograma de enfrontarse dous opoñentes

Definición:

Proba ou reto ao que hai que enfrontarse co obxectivo de superalo, sendo valorado como unha situación ou experiencia difícil ou nova.

Exemplo:

O alumnado de 1º de ESO enfrontarase a varios desafíos sobre hábitos saudables.

Grupo

Pictograma de grupo

Definición:

Conxunto de persoas ou cousas que, polo xeral, están no mesmo lugar.

Exemplo:

Un grupo de persoas.

Formación de grupos

Ao longo deste reto ides traballar en grupo, polo que un dos primeiros pasos será crear os equipos de traballo para estas semanas.

Ides recibir unhas tarxetas con conceptos sobre hábitos saudables.

Volteade a tarxeta que vos tocou e, sen comunicarvos verbalmente, con xestos, atopade aos compañeiros e compañeiras que teñen a mesma tarxeta ca vos. Formaredes un grupo de traballo ao longo de todo o reto.

Poñeredes a proba a vosa comunicación non verbal.

Lectura facilitada

Ides crear os equipos de traballo para estas semanas.

Recibiredes unhas tarxetas con conceptos sobre hábitos saudables.

Volteade a tarxeta que vos tocou e, sen comunicarvos verbalmente, con xestos, atopade aos compañeiros e compañeiras que teñen a mesma tarxeta ca vos.

Formaredes un grupo de traballo ao longo de todo o reto.

Fai clic para ver as cartas

Cartas que se usarán para facer os gruposPara acceder ao documento en PDF fai clic aquí.

Expoñendo hábitos!

Unha vez elaborados os grupos, tedes que resolver tres desafíos saudables que se vos presentan a continuación. Deberedes traballar en grupo e solucionar cada un deles. Unha vez rematados expoñerédelos e reflexionaredes sobre isto.

Desafío 1

Pictograma listaElaborade unha lista de alimentos saudables e outra de non saudables.

Desafío 2

Avó sudando polo esforzo que lle supón levantar pesasCreade unha rutina de exercicio físico que poida realizar calquera persoa nas súas casas.

Desafío 3

Reloxo dixitalPlanificade un momento do día ao longo da xornada escolar no que toda a clase realice unha actividade física fora das sesións de Educación Física.

Reflexión

Muller coa man na cara en sinal de que está reflexionandoPresentádelle as vosas ideas ao resto de grupos e reflexionade sobre como son os vosos hábitos.

Poderiades mellorar o voso benestar?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)