O obxectivo nesta fase do reto é dedicar uns minutos a reflexionar e debater sobre o que traballastes, as cousas que saíron moi ben e tamén aquelas nas que houbo dificultades ou que non saíron como tiñades previsto.
É importante que fagades unha valoración do proceso e da vosa experiencia neste reto.
Tal vez, no futuro, outras nenas e nenos queiran preparar unha xornada de convivencia saudable no seu cole e necesiten os vosos consellos.