A seguir formándovos!
Como vai a formación? Estades a aprender moito?
Pensade que agora mesmo xa poderiades falarlle ás vosas familias de cooperación e quecemento, pero, que outros contidos ides achegarlles na xornada de convivencia?
Pois co obxectivo de fomentar nas vosas familias o hábito de aumentar o tempo diario de actividade física, ides formarvos nas capacidades físicas básicas, na condición física e nos test que se poden realizar para valoralas.
Lectura facilitada
Agora mesmo xa poderiades falarlle ás vosas familias de cooperación e quecemento.
E que outros contidos ides achegarlles na xornada de convivencia?
Pois co obxectivo de fomentar nas vosas familias o hábito de aumentar o tempo diario de actividade física, ides formarvos en:
- Capacidades físicas básicas.
- Condición física.
- Test de condición física que se poden realizar para valoralas.
Forza
Flexibilidade
Resistencia
Velocidade
É a capacidade de manter o esforzo durante un longo período de tempo.
É a capacidade que ten o corpo para mover ou resistir obxectos.
É a capacidade de mover as articulacións nun rango amplo de movemento.
É a capacidade de facer algo rapidamente.